Descripción
Dramaturxia Galega Actual – VOL II
COLECCIÓN: Dramaturxia Galega Actual
ENCUADERNACIÓN: Tapa branda
Nº PÁXINAS: 166
ISBN: 978-84-09-17677-9
EAN: 9788409176779
DIMENSIÓNS: 210 x 148 mm.
OBRAS: O senso da floración (Laura Porto); Ofelia ou o cabeiro da cóbrega (Fernando Castro Paredes); Camiños de Luz (César No); Romper o xeo, bailar a nada (Ana Abad de Larriva)
A escrita dramática en Galicia mudou a súa pel nos últimos anos e engalanouse, afastándose dese clixé de irmá pobre da literatura no que se tende a encadrala decote. Principalmente porque a produción das nosas dramaturgas e dramaturgos, desde un punto de vista formal e material, nada ten que envexar a outras realidades. E, tamén, porque desde o patio de butacas ou nos seus fogares, os espectadores/lectores/militantes poñen cada vez máis en valor as ficcións ou estímulos conceptuais que vertebran calquera espectáculo/texto.
Publicacións, obradoiros, premios, axudas, espazos para a promoción, bolsas, encontros, festivais… As iniciativas arredor da escrita dramática, tanto no eido do público coma do privado, aumentan e consolídanse ano tras ano, mais nunca son suficientes. Unha lingua coma o galego e un xénero literario coma o dramático, superviventes ambos por natureza, precisan do maior coidado e difusión que lles podamos dar. Desde Feira do Leste tratamos de contribuír a esta idea nesta coidada edición, coordinada por Javier Lojo, que abrangue as pezas O senso da floración de Laura Porto, Ofelia ou o cabeiro da cóbrega de Fernando Castro Paredes, Camiños de luz de César No e Romper o xeo, bailar a nada de Ana Abad de Larriva; escolma coa que reflectir a realidade e riqueza da dramaturxia feita en Galicia e en galego.
Fragmento do prólogo de Ernesto Is.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.