Á FEIRA EDICIÓNS é o proxecto editorial da compañía Feira do Leste co que pretendemos protexer e dinamizar o teatro e a dramaturxia galega actual. Ante a imposibilidade de dar difusión aos textos dos novos autores e autoras en Galicia e as dificultades para levalos á escena, Á Feira quere dar especial relevancia as novas formas dramáticas caracterizadas pola hibridación de linguaxes e temáticas.
Deste modo, publica a Colección de Dramaturxia Galega Actual con varios volumes que incluen unha selección de obras dramáticas de especial interese, así como pezas contemporáneas de compañías e outros autores.
Envíanos unha mensaxe mediante o seguinte formulario:
CONSULTA A POLÍTICA LEGAL DE Á FEIRA EDICIÓNS