Quen somos

Á FEIRA EDICIÓNS nace da man da compañía Feira do Leste e o interese en protexer e dinamizar o teatro e a dramaturxia galega actual. Ante a imposibilidade de dar difusión aos textos dos novos autores e autoras en Galicia e as dificultades para levalos á escena, Á Feira quere dar especial relevancia as novas formas dramáticas caracterizadas pola hibridación de linguaxes e temáticas.

Deste modo, publica a Colección de Dramaturxia Galega Actual con obras de dramaturgos e dramaturgas como Esther F. Carrodeguas, Ernesto Is, Inherente Teatro ou Miguel Sande.


Envíanos unha mensaxe mediante o seguinte formulario:


 

CONSULTA A POLÍTICA LEGAL DE Á FEIRA EDICIÓNS